jump to navigation

Detido un pastor evanxélico por violar as suas fieis convencéndoas de que o seu pene contiña “leite” sagrado. 5 Febreiro 2013

Posted by nacorrea in información.
Tags: , , , , ,
add a comment

Valdeci Sobrino Picanto é un pastor evanxélico brasileiro que foi detido por sobrepasarse cos seus fieis en prol de botarlles o Espírito Santo enriba.

O noticioso do caso é que o Espírito Santo, segundo Valdeci, saía do seu pene en forma de leite sagrado. E é que este pastor dicía que o seu pene estaba bendito e que “o Señor o consagrara con leite divino do Espírito Santo”.

Segundo o testemuño dunha das súas vítimas: “El convenceunos de que só Deus podería entrar nas nosas vidas a través da boca e por que el nos ía facer o que fixo. A miúdo, despois dos cultos, o pastorValdeci chegou a levarnos á parte dos fondos de atrás da igrexa e pediunos que fixésemos sexo oral con el ata que o Espírito Santo veña a través da exaculación”.

O certo é que este señor xa está no cárcere.

Un concurso de comer cascudas, larvas e vermes vivos remata cun morto. 11 Outubro 2012

Posted by nacorrea in noticias.
Tags: , , , , , , , ,
add a comment

Participar nun concurso de comer cascudas pode parecer unha excentricidade, pero ademais resulta temerario: un home faleceu tras gañar un concurso de comer cascudas, vermes e outros insectos no sur de Florida.
Pouco lle durou a Edward Archbold, de 32 anos, a alegría de ter resultado gañador do concurso de comer cascudas vivas. Un ataque de vómitos fíxolle perder o coñecemento e, horas despois, certificouse o seu falecemento cando se dispoñía a recoller o premio do concurso: unha serpe pitón.
Esta estrambótica competición cuxo final foi tan tráxico foi organizada por unha tenda de réptiles, Ben Siegel, en Miami. A a competición e banquete de cascudas presentáronse unha trintena de concursantes e a ningún outro lle pasou nada nin se sentiu indisposto, polo que a morte puido deberse a unha reacción alérxica ou outra circunstancia, sinalou Siegel, propietario do establecemento. “Estamos moi apesarados na tenda pola morte de Eddie. Era moi sociable e divertido e gañouse á xente” que asistía ao concurso no que se regalaba un pitón ao que máis cascudas vivas e insectos inxerise en catro minutos sen vomitar.

“Todos os participantes na competición eran conscientes do que estaban a facer e asinaran un documento aceptando a responsabilidade” derivada da súa participación nesta “única e pouco ortodoxa competición”, indicou nun comunicado Luke Lirot, avogado de Siegel.

MAYDAY 31 Agosto 2012

Posted by nacorrea in información.
add a comment

Por qué os barcos e avións usan esta palabra para pedir axuda?, ten algo que ver con algún día do mes de maio?. Non, esta palabra é un anglicismo da chamada de axuda en francés “m’aider” (a pronunciación é similar pero non idéntica). O seu uso foi aceptado pola Convención Internacional de Raio e Telégrafo de 1927.

Orixe das palabras: 3 Agosto 2012

Posted by nacorrea in noticias.
Tags: , , , , , , , ,
1 comment so far

SNOB
Sabías por que se lle chama SNOB a quen quere aparentar unha maior posición social? No século XVII, a universidade de Cambridge decidiu admitir algúns plebeos subvencionados e para distinguilos do resto de alumnos anotaban na matrícula a expresión “sine nobilitas” (sen nobreza, en latín). Posteriormente foron abreviando o termo.

OK
Durante a guerra civil en Estados Unidos, cando regresaban as tropas aos seus cuarteis sen ter ningunha baixa, poñían nunha gran lousa ‘0 Killed’ (cero mortos). De aí provén a expresión ‘O.K. ‘ para dicir que todo esta ben.

Pepe
Nos conventos, durante a lectura das Sagradas Escrituras ao referirse a San Jose, decian sempre ‘Pater Putatibus’ e por simplificar ‘P.P. ‘. Así naceu chamar ‘Pepe’ os ‘José’.

Unha nena china loita contra o lunar que cubre o 60% do seu corpo. 12 Xuño 2012

Posted by nacorrea in noticias.
Tags: , , , , , ,
add a comment

Liu Jangli, unha nena china ten un lunar que cubre o 60% do seu corpo, unha estraña doenza dermatolóxica. Según The Sun, os seus pais abandonárona o non soportar a atención mediática que despertaba.


A nena ten e espalda, un brazo, o peito e algunhas zona da cara cubertas por esta mancha que según os especialistas podería ser un caso de ‘Hypertrichosis Universalis’.
A nena vive agora co aboo duns dos seus primos xa que as autoridades da cidade de Guiyang buscaron a algún parente que  acollera a pequena na súa casa.

Buscando moras en Iowa encontran os restos dun mamut. 10 Xuño 2012

Posted by nacorrea in noticias.
Tags: , , , , , , ,
add a comment

Aínda que isto ocorreu no 2010, foi o mes pasado cando esa familia decidiu deixar as labores de identificación nas mans dos expertos. De feito, os arqueólogos da Universidade de Iowa xa escavaron un fémur de mamut prehistórico.


John paseaba por unha parcela de bosque da súa propiedade cos seus fillos para recoller moras, cando un dos seus fillos descubriu o que parecía unha pelota, pero unha vez o desenterraron descubriron que era un oso enorme.

(máis…)

Chamaranlle a súa filla “Gústame” (Like) en honor a Facebook. 9 Xuño 2012

Posted by nacorrea in noticias.
Tags: , , ,
add a comment

Unha parella israelí decidiu pórlle un nome orixinal a súa filla, vaise chamar “Like” en honor o famoso botón de Facebook.
Moitos cren que é unha estratexia publicitaria para que se fale de Facebook, pero a parella insiste en que buscaban un nome moderno e innovador, e ocorréuselle o famoso botón da rede social. “É a miña maneira de dicirlle a miña fantástica filla, Amor” explicou o pai da pequena.

A parella, identificada como Lior e Vardit Adler, non son os primeiros en levar a cabo unha iniciativa relacionada con Facebook.

Un home, desesperado por conseguir fans en Facebook prometeu chamarlle o seu fillo “Batman” se conseguía 500.000 fans na súa páxina. Outra parella exipcia chamáronlle “Facebook” o seu fillo como mostra de agradecemento o papel que tivo dita rede social na revolución en Exipto.

Tumbas de vampiro en Bulgaria. 8 Xuño 2012

Posted by nacorrea in noticias.
Tags: , , , , , , , ,
add a comment

Insólito achado en Bulgaria: tumbas de vampiro da Idade Media con estacas cravadas no corazón.
Arqueólogos descubriron la localidade búlgara de Sozopol (costa do Mar Negro) un cemiterio de vampiros da Idade Media. Trátase de dous esqueletos con estacas cravadas nas costelas. Así era a única forma, como conta a lenda, de matalos. (máis…)

Se se erradicaran as enfermidades cardíacas, o cancro e a diabete, a expectativa de vida do home sería de 99.2 anos. 7 Xuño 2012

Posted by nacorrea in información.
Tags: , , ,
add a comment

O bebé que “naceu” con 56 anos. 7 Xuño 2012

Posted by nacorrea in noticias.
Tags: , , , , , ,
add a comment

Esta historia, e a vez noticia curiosa, orixinouse en Marrocos fai 56 anos cando unha muller encinta, Zahra Aboitalib, sentira uns fortes dores no abdome e decidira acudir o hospital.
Nada máis chegar o hospital tivo a mala sorte de ver como unha muller morría preto dela cando se lle practicaba a cesárea. Zahra Aboitalib, moi asustada, saíu correndo do hospital antes de que chegaran a atendela.
Estes dores máis tarde desapareceron e o bebé que esperaba deixou de moverse. Non se preocupou e pensou que o bebé era un “Neno Durmido“, unha crenza que teñen na zona onde ela vive, que di  que os bebés son capaces de vivir dentro de ventre materno para protexer a súa honra.
A muller, xa con 75 anos empezou a acusar dores no abdome de novo e dispúxose a volver o hospital. Cando os médicos viron o que lle pasaba déronse conta de que aínda ¡ tiña o feto morto dentro!


¿Como pode ocorrer isto? É sinxelo. Danse casos nos que o feto comeza a crecer fora da placenta co conseguinte risco de morrer. O verdadeiramente  estraño neste caso é que o feto morreu fai 56 anos pero o corpo da nai non o expulsou, nin sequera o viu como algo raro, polo que o conservou e co paso do tempo calcificouse.
Os médicos aínda están sorprendidos de que a nai sobrevivira co feto morto no interior do seu corpo tantos anos.
E aínda que pareza estraño, este non é o primeiro caso deste tipo que se da no mundo. Según a revista Sociedade Real da Medicina existen polo menos 209 casos de fetos calcificados que se coñezan.